Educación

“A educación é esencial para promover a bicicleta como transporte urbano sostible. Aumenta a conciencia sobre beneficios ambientais e de saúde, mellora a seguridade viaria, promove hábitos saudables e supera estigmas. Ao empoderar ás persoas con coñecementos, foméntase unha mentalidade positiva cara á bicicleta, contribuíndo á sustentabilidade e á mellora da calidade de vida en contornas urbanas.”

Lexislación

“A promoción exitosa da bicicleta require cambios lexislativos significativos. Normativas que prioricen e beneficien á bicicleta sobre vehículos motorizados. Un marco legal sólido é esencial para desincentivar o uso excesivo do coche privado e fomentar unha mobilidade urbana máis sostible. Cambiar os regulamentos de tráfico actuais e obsoletos nesta cidade é unha das nosas maiores prioridades.”

Infraestruturas

“Promover novas infraestruturas e itinerarios é vital para que a mobilidade sostible multiplíquese nesta cidade. Non só son necesarios carrís bici, senón que require unha redefinición do uso do espazo público, que na actualizade está practicamente ocupado polos coches. Avogamos por pacificar as rúas, reducir as velocidades, restrinxir o tráfico, e só onde sexa necesario, promover carrís bici de calidade.”

Promoción

“A administración local debe promover o uso da bicicleta na nosa cidade e non penalizala ou obstaculizala. O cidadán debe sentirse apoiado polas administracións, sobre todo a local, cando utiliza a súa bicicleta. Promover iniciativas que fagan sentir á cidadanía que usar a bicicleta é un beneficio presente e futuro.”

Persoas Socias e Xunta Directiva

Actualmente somos ao redor dun centenar de persoas socias. Colaboramos voluntariamente nas asambleas e actividades que se desenvolven na Asociación Cívica Composcleta.

Pertence á nosa asociación e benefíciate de todas as súas vantaxes!

Estarás cuberta por un seguro de Accidentes que ten subscrito Composcleta, coñecerás e compartirás experiencias, participarás nas nosas actividades e estarás en contacto co resto de persoas socias entre outras moitas cousas. Anímate!

Infórmate! E faite Persoa Socia!

As nosas últimas novas e actividades

Presentación do Libro as Bicicletas si son para Galicia

Por Helike o Decembro 12, 2023

O pasado martes 12 de decembro, desfrutamos da presentación do Libro “As bicicletas si son para Galicia” da Editorial Catro Ventros Deixamos a presentación que nos fixeron chegar a Compostela O noso recente lanzamento, «As bicicletas si son para Galicia», aborda o uso da bicicleta dende un punto de vista poliédrico: ecolóxico e ecoloxista (como alternativa aos vehículos contaminantes), de mobilidade sustentable (como elemento transformador da nosa relación coa contorna, non só nas cidades senón tamén no rural) e feminista (como ferramenta apoderadora).

Continuar lendo

Outono en bici. Un roteiro de dous días de cicloturismo por Portugal

Por Helike o Outubro 16, 2023

🍁 Outono en bici! Composcleta organizó unha viaxe cicloturista de 2 días con pernocta por Galicia e Portugal os pasados 14 e 15 de outubro. Percorrimos a cidade de Vigo, a Senda da auga, o Camiño De Santiago Portugués en sentido Sur, a Ecovía do Minho en Portugal, a senda xunto ao Miño polo Rosal e A Guarda, e finalmente o carril bici ata Vigo. Non usamos practicamente estradas con tráfico ou sen infraestrutura para bici, e o itinerario foi maioritariamente un roteiro moi seguro.

Continuar lendo

Semana Europea da Mobilidade 2023

Por Helike o Setembro 17, 2023

Un ano máis, na semana do 11 ao 17 de setembro é a Semana Europea da Mobilidade 2023 (#sem2023 #mobilityWeek). Nesta ocasión Composcleta participou co Concello na organización do día da #bici do pasado domingo 17 de setembro. Ademais dunha pedalada pola cidade, tivemos diferentes actividades na Alameda como charlas, exposicións ou actividades para os máis pequenos. Contamos coa colaboración de Anxo Moure que organizou unha actividade para nenas e nenos.

Continuar lendo

SiMooonTanea, unha chamada para pedalar baixo a derradeira lúa chea de verán

Por Helike o Agosto 30, 2023

Simoontanea é unha chamada para pedalear baixo a última lúa chea de verán, nunha quedada informal e entre amigos que terá lugar de forma simultánea en diferentes puntos da xeografía. Convocamos a quen lle apetecese participar con estas sinxelas instruccións: 💡 O percorrido é sinxelo, nada técnico. Como a maioría teremos que ir traballar ao día seguinte (cun amplo sorriso, por certo), a distancia aproximada será de entre 30 e 35 kms.

Continuar lendo

Sobre nós

Somos asociación membro de ConBici a nivel nacional e ademais, colaboramos con todas estas asociacións a nivel autonómico formando a Coordinadora Galega da Bicicleta.