Sobre Nós

Composcleta. A Nosa Asociación

Asociación Cívica Composcleta é unha asociación sen ánimo de lucro. Nace fai más de dez anos, no ano 2013, coas seguintes fins fundamentais:

  • Promover a bicicleta como medio de transporte urbano.
  • Realizar actividades promocionáis, divulgativas, formaticas, informativas e lúdicas sobre mobilidade sostible.

Actualmente somos ao redor dun centenar de persoas socias de Compostela e arredores e participamos de actividades dacordo cos nosos fins.

Décimo aniversario Composcleta

Somos ConBici

  • ConBici reúne a 70 asociacións e colectivos de ciclistas de toda España.
  • Practica, defende e promove o uso habitual da bicicleta como medio de transporte habitual E traballa para que se cre unha lexislación de mobilidade que protexa o dereito para circular en condicións de seguridade para todas as persoas, incluíndo peóns e ciclistas.
  • Os colectivos ou grupos locais membros de ConBici, Composcleta por exemplo, implícámonos a fondo na nosa cidade en temas de ciclismo urbano (política, infraestruturas, promoción, etc)
  • Temos grupos de traballo sobre lexislación, mobilidade, formación, saúde e cicloturismo.
  • Desde 1996 organiza o Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade» xunto con Portugal, alternándose cada ano a localización entre ambos os países.
  • Desde 1985 organiza bianualmente os Encontros de cicloturistas e ciclistas urbanos nalgunha zona de España ou Portugal.
  • É membro do Comité Científico Técnico da Semana Europea da Movilidad (SEM)
  • Participa no consello Superior de Tráfico no grupo de traballo Gt44, en representación do colectivo de ciclistas na vía pública.
  • Crea e difunde información nacional e internacional sobre exemplos de política de fomento ao uso da bicicleta e á sustentabilidade.
  • Reivindica o dereito e a idoneidade de combinar o uso da bicicleta co transporte publico.
  • Defende o modelo europeo de cicloturismo, ou ciclismo de alforxas, polo seu alto beneficio ao benestar das persoas, a economía local e o medio ambiente.
  • Reúne xente experta en diversos ámbitos (urbanismo, infraestruturas, economía, turismo, lexislación, saúde, educación etc.), conscientes da utilidade da bicicleta para aliviar os problemas de transporte, medio ambiente e saúde.

Asamblea Conbici en Compostela 2022

E por moitos máis anos traballando pola mobilidade sostible

Décimo aniversario Composcleta