Dende Composcleta Asociación Cívica consideramos fundamental a reivindicación da bicicleta en todos os seus ámbitos. Temos abertas diferentes liñas de acción e actividades que procuran visibilizar e normalizar o uso da bicicleta en Compostela:


Cicloaccións - Pedaladas abertas a todas as persoas, socias ou non, a todas as entidades e formas físicas. Descibrimos percursos ciclables pola cidade e colaboramos puntualmente con outras entidades sociais. Os 'Domingo en Bici' son a nosa cicloacción máis común. Úneste?

Grupos de traballo - Neles estudamos aspectos técnicos da mobilidade sustentable na nosa cidade. A finalidade é presentar propostas ás institucións que teñen competencia no ámbito da mobilidade sustentable. Se tes interese nos nosos grupos de traballo, contacta connosco!

Asesoramento permanente - Prestamos asesoramento a persoas socias e non socias en aspectos relacionados coas infraestruturas, lexislación e ciclismo urbano en xeral. 

Colaboración con institucións e entidades - como por exemplo, Concello de Santiago e Tussa, na organización das actividades da Semana Europea da Mobilidade en 2016 e 2017; xuntanzas e contactos con outras asociacións de ciclismo urbano. 




Cicloacción no barrio de Conxo
Actividades de incidencia política