Asociarse

Asociarse a nós

A Asociación Cívica Composcleta é una asociación sen ánimo de lucro, e para ser socia, cómpre que che sintas alineada cos nosos dous principáis fins:

  • Promover a bicicleta como medio de transporte urbano.
  • Realizar actividades promocionáis, divulgativas, formaticas, informativas e lúdicas sobre mobilidade sostible.

Actualmente somos ao redor dun centenar de persoas socias de Compostela e arredores. Temos socias que colaboran moi activamente en actividades de voluntariado pero tamén temos un perfil de persoa socia, que comparte as ideas da asociación, e que sinxelamente quere disfrutar dos servicios e beneficios de asociarse.

Ademáis, por asociarte a Composcleta formarás parte de ConBici, que é unha asociación de ámbito nacional moito maior. ConBici é a principal coordinadora de asociacións ciclistas en España, coa participación de 72 entidades en todo o país. Traballamos en colaboración para fomentar o uso da bicicleta como unha actividade habitual nos desprazamentos diarios. O noso enfoque céntrase en influír no ámbito político e levar a cabo campañas de sensibilización, co obxectivo de establecer un marco legal favorable que promova o aumento de ciclistas no noso país.

Por tanto, somos usuarias da bici como ti. Composcleta e ConBici contan cun gran capital humano de persoas que coñecemos as dificultades coas que nos atopamos a diario todas as persoas que imos en bicicleta. Queremos defender os nosos dereitos e axudar ofrecendo servizos útiles e en condicións que nos dean vantaxes.

Asóciate a Composcleata

Paga a pena asociarse?

Aquí deixámosche algunhas das vantaxes de ser persoas socias:

  • Estarás cuberta por un seguro de Responsabilidade Civil que ten subscrito Composcleta.

  • Coñecerás e compartirás experiencias e inquedanzas con outras persoas que empregan a bicicleta como medio de mobilidade sustentable na nosa cidade.

  • Participarás de actividades lúdicas que organicemos como; Saídas en bicicleta, Viaxes de Cicloturismo, Formacións…

  • Realizarás presión nas institucións locais na procura dunha cidade máis humana e sostible.

  • Recibirás asesoramiento por parte de unha comunidade amplísima de usarias da bicicleta (sobre todo para un uso de mobilidade urbana).

  • Estarás en contacto co resto de asociacións ciclistas galegas.

Canto custa?

Actualmente a nosa cota de socia será domiciliada nunha COTA ÚNICA ANUAL de 15€ por persoa, que como mencionamos, inclúe formar parte de Composcleta e ConBici así como de estar cubertos polo seguro de Responsabilidade Civil.

As actividades lúdicas realizadas ao longo do ano, serán abonadas adicionalmente e se se desexa participar, no momento de inscrición. Xeralmente gozarás dun prezo reducido nelas polo feito de ser persoa socia.

Que teño que facer agora para asociarme?

Para asociarte á Asociación Cívica Composcleta envíanos unha mensaxe a bicis@composcleta.org cos seguientes datos:

  • Teu nome e apelidos
  • DNI ou Tarxeta de Residencia
  • O teu número de teléfono.

Sinxelo, non? Agardámoste!

Actividades persoas socias de Composcleata