NOVIDADE 2019
Regalámosche esta camisola coa túa alta como persoa socia!
Camisola Composcleta 2018/2019. Podes mercar a túa en calquera actividade da asociación

As activistas máis cativas, na Semana Europea da Mobilidade



Actualmente somos máis de 50 persoas socias. Colaboramos voluntariamente nas asambleas e actividades que se desenvolven a Asociación Cívica Composcleta.

Paga a pena asociarse?

Ao asociarte á Asociación Cívica Composcleta, pasas a ser tamén persoa asociada a ConBici. Mediante esta coordinadora, tramitamos os seguros de Responabilidade Civil Individual, asistimos ás actividades, congresos e asambleas de ConBici, incluidos os seus grupos de traballo. Ademais disto, asociándote...

... estarás cuberta por un seguro de Accidentes que ten subscrito Composcleta.

... coñecerás e compartirás experiencias e inquedanzas con outras persoas que empregan a bicicleta como medio de mobilidade sustentable na nosa cidade.

... realizarás presión nas institucións locais na procura dunha cidade máis humana e sostible.

... estarás en contacto co resto de asociacións ciclistas galegas. 

Como asociarse?

Para asociarte á Asociación Cívica Composcleta envíanos unha mensaxe a bicis@composcleta.org co teu nome, apelidos, DNI ou Tarxeta de Residencia, e o teu número de teléfono.
A cota anual é de 15€ (o vencimento coincide co vencemento do seguro de Responsabilidade Civil Individual). As cotas das persoas socias permiten o pago da cota de ConBici, o seguro de Responsabilidade Civil Individual, o seguro de Accidentes, e as actividades da asociación.