Educación

“A educación é esencial para promover a bicicleta como transporte urbano sostible. Aumenta a conciencia sobre beneficios ambientais e de saúde, mellora a seguridade viaria, promove hábitos saudables e supera estigmas. Ao empoderar ás persoas con coñecementos, foméntase unha mentalidade positiva cara á bicicleta, contribuíndo á sustentabilidade e á mellora da calidade de vida en contornas urbanas.”

Lexislación

“A promoción exitosa da bicicleta require cambios lexislativos significativos. Normativas que prioricen e beneficien á bicicleta sobre vehículos motorizados. Un marco legal sólido é esencial para desincentivar o uso excesivo do coche privado e fomentar unha mobilidade urbana máis sostible. Cambiar os regulamentos de tráfico actuais e obsoletos nesta cidade é unha das nosas maiores prioridades.”

Infraestruturas

“Promover novas infraestruturas e itinerarios é vital para que a mobilidade sostible multiplíquese nesta cidade. Non só son necesarios carrís bici, senón que require unha redefinición do uso do espazo público, que na actualizade está practicamente ocupado polos coches. Avogamos por pacificar as rúas, reducir as velocidades, restrinxir o tráfico, e só onde sexa necesario, promover carrís bici de calidade.”

Promoción

“A administración local debe promover o uso da bicicleta na nosa cidade e non penalizala ou obstaculizala. O cidadán debe sentirse apoiado polas administracións, sobre todo a local, cando utiliza a súa bicicleta. Promover iniciativas que fagan sentir á cidadanía que usar a bicicleta é un beneficio presente e futuro.”

Persoas Socias e Xunta Directiva

Actualmente somos ao redor dun centenar de persoas socias. Colaboramos voluntariamente nas asambleas e actividades que se desenvolven na Asociación Cívica Composcleta.

Pertence á nosa asociación e benefíciate de todas as súas vantaxes!

Estarás cuberta por un seguro de responsabilidade civil que ten subscrito Composcleta, coñecerás e compartirás experiencias, participarás nas nosas actividades e estarás en contacto co resto de persoas socias entre outras moitas cousas. Anímate!

Infórmate! E faite Persoa Socia!

As nosas últimas novas e actividades

Pedalada polos campus: #BenVidaUSC e Semana Europea da Mobilidade

Por Composcleta o Setembro 12, 2026

O 23 de setembro ás 18:00 faremos unha pedalada 🚲 polos campus como parte das xornadas de #BenVidaUSC de @cultura_usc e en celebración da Semana Europea de Mobilidade. Se non sabes cal é a mellor ruta para ir en bici á facultade, se nunca te atreviches a ir ou se simplemente queres pasar un bo rato pedaleando cxs compañeirxs… Apúntate ao encontro! Tes ata o día 20 e as prazas son limitadas 😬⏱️

Continuar lendo

Comezan as Festas do Bairro das Marías: Mini volta ciclista

Por Composcleta o Setembro 2, 2026

Comezan as Festas do Bairro das Marías! Temos o pracer de colaborar na mini volta ciclista. Percorrido familiar pra todas as idades e musicooon! 🚲🎶 📍 Saída: Igrexa da Pastoriza 🕛 Hora: 12:00 h 📍 Percorrido: Saída da igrexa da Pastoriza Xunta Xoán XXIII Xasmíns San Roque Sta Clara Avda Coímbra Xasmíns S Roque Sta Clara Rúa de Abaixo (festa 🎉)

Continuar lendo

Pedalada: Bicicleta, a enerxía que nos move!

Por Composcleta o Xuño 1, 2026

Ante a crise enerxética… Bicicleta estratéxica! Un ano máis, unímonos sobre dúas rodas para reivindicar unha mobilidade sostible, saudable e transformadora. Apuntaste? 👇 🗓️ Cando? Domingo, 7 de xuño de 2026 🕥 Hora? 10:30 h 🎒 Final: Picnic colectivo ao rematar o percorrido (trae os teus petiscos! 🥪) 👶 Idade recomendada: Rapazada a partir de 8 anos. 📍 O PERCORRIDO: 🏁 SAÍDA (10:30 h): Otero Pedrayo ➡️ Avda. de Lugo (carril de servizo) ➡️ Túnel Batalla de Clavijo.

Continuar lendo

Pedalada por Palestina en Compostela!

Por Composcleta o Mayo 13, 2026

🚲 Pedalada por Palestina en Compostela! 🇵🇸 Desde Composcleta nos unimos a la campaña internacional “The Great Ride of Return” de GazaSunbirds.org para exigir justicia y el fin del genocidio. ¡Ven a pedalear con nosotros! 📍 Dónde: Pza. do Obradoiro 📅 Cuándo: Este viernes 15 de mayo a las 17:00 h 🚲 Ruta: Familiar y fácil (4,3 km, a partir de 6 años). 🇵🇸 ¡¡Animaos a venir con banderas!!

Continuar lendo

Sobre nós

Somos asociación membro de ConBici a nivel nacional e ademais, colaboramos con todas estas asociacións a nivel autonómico formando a Coordinadora Galega da Bicicleta.