Barrio de San Pedro: Propostas para unha mobilidade equilibrada
Dende a Asociación Composcleta somos sensibles ás solucións de tráfico que se adoptan en Santiago de Compostela. A situación da rúa de San Pedro e a solución que se adopte non pode sernos allea. A continuación presentamos un ábaco de propostas coa finalidade de conseguir una cidade máis habitable para as persoas. O documento presenta 7 mapas con distintas propostas de tráfico de maior a menor grao de intervención. Todas as propostas teñen os seguintes obxectivos: Eliminar os vehículos en tránsito polo barrio de San Pedro Permitir aos vecinos e visitantes o acceso en coche a todas as viviendas e comercios do barrio.


