Mobilidade

Semana Europa da Mobilidade: Paseo Santiago de Compostela – O Milladoiro

Paseo circular pola ciclovía Santiago de Compostela – O Milladoiro 🚲 Organiza: Composcleta 🤝 Colabora: Club Ciclista Ames 🗓️ Día: 20 de setembro de 2026 🕚 Hora de inicio: 11:00 h ⏱️ Duración estimada: 2,5 h 📍 Chegada estimada a Ames: 12:00 h ✍️ Inscrición para alta no seguro de R.C. (só cubrir persoas NON socias): https://framaforms.org/sem-2026-paseo-circular-entre-santiago-e-o-milladoiro-1789465894 📍 Percorrido: Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez ➡️ avenida das Letras ➡️ avenida das Ciencias ➡️ avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri ➡️ praza do Seminario de Estudos Galegos ➡️ rúa de Lope Gómez de Marzoa ➡️ rúa de Jenaro de la Fuente ➡️ avenida de Barcelona ➡️ rúa de Sempre en Galiza ➡️ travesía da Choupana ➡️ rúa da Volta do Castro ➡️ rúa Presidente Gerardo Fernández Albor ➡️ ciclovía ➡️ rúa da Benéfica de Conxo ➡️ ciclovía ➡️ rúa de Torrente ➡️ rúa da Virxe do Rial ➡️ ciclovía ➡️ rúa da Decoita ➡️ rúa da Poza Real de Arriba ➡️ ciclovía ➡️ O Reiro ➡️ ciclovía ➡️ rúa do Rego ➡️ avenida Rosalía de Castro (carril bici) ➡️ rúa das Figueiras ➡️ ciclovía.

Continuar lendo

Pedalada polos campus: #BenVidaUSC e Semana Europea da Mobilidade

O 23 de setembro ás 18:00 faremos unha pedalada 🚲 polos campus como parte das xornadas de #BenVidaUSC de @cultura_usc e en celebración da Semana Europea de Mobilidade. Se non sabes cal é a mellor ruta para ir en bici á facultade, se nunca te atreviches a ir ou se simplemente queres pasar un bo rato pedaleando cxs compañeirxs… Apúntate ao encontro! Tes ata o día 20 e as prazas son limitadas 😬⏱️

Continuar lendo

Comezan as Festas do Bairro das Marías: Mini volta ciclista

Comezan as Festas do Bairro das Marías! Temos o pracer de colaborar na mini volta ciclista. Percorrido familiar pra todas as idades e musicooon! 🚲🎶 📍 Saída: Igrexa da Pastoriza 🕛 Hora: 12:00 h 📍 Percorrido: Saída da igrexa da Pastoriza Xunta Xoán XXIII Xasmíns San Roque Sta Clara Avda Coímbra Xasmíns S Roque Sta Clara Rúa de Abaixo (festa 🎉)

Continuar lendo

Pedalada: Bicicleta, a enerxía que nos move!

Ante a crise enerxética… Bicicleta estratéxica! Un ano máis, unímonos sobre dúas rodas para reivindicar unha mobilidade sostible, saudable e transformadora. Apuntaste? 👇 🗓️ Cando? Domingo, 7 de xuño de 2026 🕥 Hora? 10:30 h 🎒 Final: Picnic colectivo ao rematar o percorrido (trae os teus petiscos! 🥪) 👶 Idade recomendada: Rapazada a partir de 8 anos. 📍 O PERCORRIDO: 🏁 SAÍDA (10:30 h): Otero Pedrayo ➡️ Avda. de Lugo (carril de servizo) ➡️ Túnel Batalla de Clavijo.

Continuar lendo

Pedalada por Palestina en Compostela!

🚲 Pedalada por Palestina en Compostela! 🇵🇸 Desde Composcleta nos unimos a la campaña internacional “The Great Ride of Return” de GazaSunbirds.org para exigir justicia y el fin del genocidio. ¡Ven a pedalear con nosotros! 📍 Dónde: Pza. do Obradoiro 📅 Cuándo: Este viernes 15 de mayo a las 17:00 h 🚲 Ruta: Familiar y fácil (4,3 km, a partir de 6 años). 🇵🇸 ¡¡Animaos a venir con banderas!!

Continuar lendo

Volta ciclista ao barrio nas Festas da Rúa de Abaixo

Colaboramos coa Asociación as Marías na organización dunha volta ciclista ao seu barrio no marco das súas festas de barrio. Percurso: Pastoriça, Praça da Paz (rotunda diante da Junta), Joám XXIII, Jasmins, Sam Roque, Santa Clara, Coimbra, Jasmins, Sam Roque, Santa Clara, Rua de Baixo.

Continuar lendo

Organizamos o XXI Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade»

🚲💬 Orgullosas e orgullosos de acoller o XXI Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade»! Este ano 2025, Santiago de Compostela convértese no epicentro da mobilidade ciclista! Un punto de encontro fundamental para seguir repensando as nosas cidades desde a bicicleta, o urbanismo humano e a mobilidade sostible. Un espazo único para compartir experiencias, coñecer novas propostas, tecer redes co tecido ciclista de toda a Península Ibérica e avanzar xuntas cara a un modelo de mobilidade máis xusto e saudable.

Continuar lendo

Acto de apertura dun tramo da ciclovía a Milladoiro

Este sábado celebrarase xunto as Piscinas de Sar, un acto institucional no que abrirase parte da Ciclovía que conectará (Santiago - San Lázaro - Chus) co Milladoiro. O tramo en cuestión percorre polas Brañas do Sar e Estación Intermodal nun fito para a mobilidade sostible en Santiago de Compostela. Con esta importante inversión en infraestruturas, froito dos Fondos NextGeneration da UE e a iniciativa de por en marcha este proxecto por parte da Xunta de Galicia, acadarase un eixo seguro para a mobilidade en bici que no futuro próximo vertebrarase con novas obras noutros puntos da cidade.

Continuar lendo

Comunicado da Asociación Cívica Composcleta sobre a vía peonil-ciclista Milladoiro - Santiago de Compostela

Mediante o seguinte comunicado, a Asociación Cívica Composcleta manifesta o seu apoio á execución dun carril bici ou ciclovía entre os núcleos urbanos do Milladoiro e Santiago de Compostela, e que está a levar a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas ao abeiro das políticas europeas para promover a mobilidade sostible. Semella que se está desvirtuando este proxecto dende a loita política. Porén, a proposta partiu dunha dunha asociación cívica, cun enfoque medioambiental e social, e que despois foi desenvolta por persoas funcionarias técnicas da Axencia Galega de Infraestruturas.

Continuar lendo

Bicifestación! Promoción, Intraestrutura e Ordenanza

Convocamos unha bicifestación para reivindicar a mobilidade sustentable convocados pola Asociación Cívica Composcleta. Para pedir o compromiso e a acción do políticos do Pazo de Raxoi en prol dunha mobilidade alternativa ao coche. Queremos reclamar especialmente a defensa dos usuarios máis vulnerables no espazo público: os que camiñan e os que pedalean. Esta cidade ten unha débeda histórica con eles porque o abafante supremacismo do tráfico motorizado que foi, durante moitos anos, a guía fundamental no deseño dos espazos de tránsito en Compostela.

Continuar lendo