Eventos

Pedalada: Bicicleta, a enerxía que nos move!

Ante a crise enerxética… Bicicleta estratéxica! Un ano máis, unímonos sobre dúas rodas para reivindicar unha mobilidade sostible, saudable e transformadora. Apuntaste? 👇 🗓️ Cando? Domingo, 7 de xuño de 2026 🕥 Hora? 10:30 h 🎒 Final: Picnic colectivo ao rematar o percorrido (trae os teus petiscos! 🥪) 👶 Idade recomendada: Rapazada a partir de 8 anos. 📍 O PERCORRIDO: 🏁 SAÍDA (10:30 h): Otero Pedrayo ➡️ Avda. de Lugo (carril de servizo) ➡️ Túnel Batalla de Clavijo.

Continuar lendo

Pedalada por Palestina en Compostela!

🚲 Pedalada por Palestina en Compostela! 🇵🇸 Desde Composcleta nos unimos a la campaña internacional “The Great Ride of Return” de GazaSunbirds.org para exigir justicia y el fin del genocidio. ¡Ven a pedalear con nosotros! 📍 Dónde: Pza. do Obradoiro 📅 Cuándo: Este viernes 15 de mayo a las 17:00 h 🚲 Ruta: Familiar y fácil (4,3 km, a partir de 6 años). 🇵🇸 ¡¡Animaos a venir con banderas!!

Continuar lendo

Bike Repair Café na ETSE

🚲🔧 Bike Repair Café 🗓️ Cando? Martes, 10 de febreiro 🕔 Hora? 17:00 - 19:00 h 📍 Onde? Vestíbulo da Escola Técnica Superior de Enxeñería (Campus Sur) 🔊 Estamos moi contentxs de organizar a primeira actividade do ano!! E máis ao estar coa boa compañía de @esfgalicia. Organizamos con Enxeñería Sen Fronteiras un taller de reparación e mantemento de bicicletas. Se a túa bici se estropeou, se queres aprender a cambiar rodas, a poñer parches, a axustar freos, a engraxar a cadea… ou se simplemente queres merendar mentres conversas sobre bicis con xente riquiña, non faltes o 10 de febreiro!

Continuar lendo

Volta ciclista ao barrio nas Festas da Rúa de Abaixo

Colaboramos coa Asociación as Marías na organización dunha volta ciclista ao seu barrio no marco das súas festas de barrio. Percurso: Pastoriça, Praça da Paz (rotunda diante da Junta), Joám XXIII, Jasmins, Sam Roque, Santa Clara, Coimbra, Jasmins, Sam Roque, Santa Clara, Rua de Baixo.

Continuar lendo

Organizamos o XXI Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade»

🚲💬 Orgullosas e orgullosos de acoller o XXI Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade»! Este ano 2025, Santiago de Compostela convértese no epicentro da mobilidade ciclista! Un punto de encontro fundamental para seguir repensando as nosas cidades desde a bicicleta, o urbanismo humano e a mobilidade sostible. Un espazo único para compartir experiencias, coñecer novas propostas, tecer redes co tecido ciclista de toda a Península Ibérica e avanzar xuntas cara a un modelo de mobilidade máis xusto e saudable.

Continuar lendo

Acto de apertura dun tramo da ciclovía a Milladoiro

Este sábado celebrarase xunto as Piscinas de Sar, un acto institucional no que abrirase parte da Ciclovía que conectará (Santiago - San Lázaro - Chus) co Milladoiro. O tramo en cuestión percorre polas Brañas do Sar e Estación Intermodal nun fito para a mobilidade sostible en Santiago de Compostela. Con esta importante inversión en infraestruturas, froito dos Fondos NextGeneration da UE e a iniciativa de por en marcha este proxecto por parte da Xunta de Galicia, acadarase un eixo seguro para a mobilidade en bici que no futuro próximo vertebrarase con novas obras noutros puntos da cidade.

Continuar lendo

Bike Repair Café

O vindeiro sábado estaremos no Banco de Reciclaxe de Teo nunha xornada organizada en colaboración con Enxeñeiros sen Fronteiras. A partires das 10:30am, falarase do reciclado de ordenadores, software libre, gaming, etc. Nós, Composcleta, estaremos alí a partires das 12:00pm para falar de mantemento e reparación de bicicletas. O local encóntrase nunha casiña branca da rúa do Buxo, 5 da urbanización dos Tilos no Concello de Teo.

Continuar lendo

Semana Europea da Mobilidade 2023

Un ano máis, na semana do 11 ao 17 de setembro é a Semana Europea da Mobilidade 2023 (#sem2023 #mobilityWeek). Nesta ocasión Composcleta participou co Concello na organización do día da #bici do pasado domingo 17 de setembro. Ademais dunha pedalada pola cidade, tivemos diferentes actividades na Alameda como charlas, exposicións ou actividades para os máis pequenos. Contamos coa colaboración de Anxo Moure que organizou unha actividade para nenas e nenos.

Continuar lendo