Pedalada polos campus: #BenVidaUSC e Semana Europea da Mobilidade
O 23 de setembro ás 18:00 faremos unha pedalada 🚲 polos campus como parte das xornadas de #BenVidaUSC de @cultura_usc e en celebración da Semana Europea de Mobilidade. Se non sabes cal é a mellor ruta para ir en bici á facultade, se nunca te atreviches a ir ou se simplemente queres pasar un bo rato pedaleando cxs compañeirxs… Apúntate ao encontro! Tes ata o día 20 e as prazas son limitadas 😬⏱️


