Veciñanza

Barrio de San Pedro: Propostas para unha mobilidade equilibrada

Dende a Asociación Composcleta somos sensibles ás solucións de tráfico que se adoptan en Santiago de Compostela. A situación da rúa de San Pedro e a solución que se adopte non pode sernos allea. A continuación presentamos un ábaco de propostas coa finalidade de conseguir una cidade máis habitable para as persoas. O documento presenta 7 mapas con distintas propostas de tráfico de maior a menor grao de intervención. Todas as propostas teñen os seguintes obxectivos: Eliminar os vehículos en tránsito polo barrio de San Pedro Permitir aos vecinos e visitantes o acceso en coche a todas as viviendas e comercios do barrio.

Continuar lendo

PROPOSTA DE MELLORA VIAL na COSTA DE SAN FRANCISCO

1º-Deixar un só carril de coches de baixada (podería ser de subida). Do mesmo ancho, e a partir do seto existente. (ou deixando a beirarrúa da dereita, baixando tal e como está) 2º- Ampliar a beirarrúa esquerda (baixando) ata 2m mínimo. Desaparece a outra beirarrúa. 3º-Engadir un carril bici, a compartir cos peóns, de 1m mínimo,en sentido de subida, ao lado da beirarrúa e ao mesmo nivel que esta.

Continuar lendo

Rúa de San Pedro: conversaciones con varios vecinos

Unha vez máis a “Rúa de San Pedro” está en obras e gustaríanos que se cambiasen certas cousas. Moito falamos entre nós da complicada problemática e os diversos intereses que viran ao redor desa emblemática rúa. Varios de nós fomos a transitar polo barrio e comprobar “in situ” solucións alternativas á proposta polo Concello. Tamén xurdiron de maneira espontánea conversacións con varios veciños. Falamos co propietario da tenda “Velocípedo”, o cal ten unha opinión moi xuiciosa e ao noso entender debería ser oída polo Concello.

Continuar lendo