2024

Obradoiro de bicis na Almáciga

O pasado mércores estivemos nun obradoiro organizado en colaboración co Centro Xove da Almáciga. Se es ciclista urbano, aventureiro de roteiros ou simplemente gozas de moverche sobre dúas rodas, seguro que nalgún momento enfrontáchesche a unha picada, unha cadea frouxa ou un freo que non responde como debería. Para que estes pequenos inconvenientes non deteñan os teus pedaleos, a Asociación Composcleta organizará talleres prácticos como este de reparación de bicicletas.

Continuar lendo

Bike Repair Café

O vindeiro sábado estaremos no Banco de Reciclaxe de Teo nunha xornada organizada en colaboración con Enxeñeiros sen Fronteiras. A partires das 10:30am, falarase do reciclado de ordenadores, software libre, gaming, etc. Nós, Composcleta, estaremos alí a partires das 12:00pm para falar de mantemento e reparación de bicicletas. O local encóntrase nunha casiña branca da rúa do Buxo, 5 da urbanización dos Tilos no Concello de Teo.

Continuar lendo

Bicifestación! Promoción, Intraestrutura e Ordenanza

Convocamos unha bicifestación para reivindicar a mobilidade sustentable convocados pola Asociación Cívica Composcleta. Para pedir o compromiso e a acción do políticos do Pazo de Raxoi en prol dunha mobilidade alternativa ao coche. Queremos reclamar especialmente a defensa dos usuarios máis vulnerables no espazo público: os que camiñan e os que pedalean. Esta cidade ten unha débeda histórica con eles porque o abafante supremacismo do tráfico motorizado que foi, durante moitos anos, a guía fundamental no deseño dos espazos de tránsito en Compostela.

Continuar lendo