2025

Volta ciclista ao barrio nas Festas da Rúa de Abaixo

Colaboramos coa Asociación as Marías na organización dunha volta ciclista ao seu barrio no marco das súas festas de barrio. Percurso: Pastoriça, Praça da Paz (rotunda diante da Junta), Joám XXIII, Jasmins, Sam Roque, Santa Clara, Coimbra, Jasmins, Sam Roque, Santa Clara, Rua de Baixo.

Continuar lendo

Organizamos o XXI Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade»

🚲💬 Orgullosas e orgullosos de acoller o XXI Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade»! Este ano 2025, Santiago de Compostela convértese no epicentro da mobilidade ciclista! Un punto de encontro fundamental para seguir repensando as nosas cidades desde a bicicleta, o urbanismo humano e a mobilidade sostible. Un espazo único para compartir experiencias, coñecer novas propostas, tecer redes co tecido ciclista de toda a Península Ibérica e avanzar xuntas cara a un modelo de mobilidade máis xusto e saudable.

Continuar lendo

Acto de apertura dun tramo da ciclovía a Milladoiro

Este sábado celebrarase xunto as Piscinas de Sar, un acto institucional no que abrirase parte da Ciclovía que conectará (Santiago - San Lázaro - Chus) co Milladoiro. O tramo en cuestión percorre polas Brañas do Sar e Estación Intermodal nun fito para a mobilidade sostible en Santiago de Compostela. Con esta importante inversión en infraestruturas, froito dos Fondos NextGeneration da UE e a iniciativa de por en marcha este proxecto por parte da Xunta de Galicia, acadarase un eixo seguro para a mobilidade en bici que no futuro próximo vertebrarase con novas obras noutros puntos da cidade.

Continuar lendo

Comunicado da Asociación Cívica Composcleta sobre a vía peonil-ciclista Milladoiro - Santiago de Compostela

Mediante o seguinte comunicado, a Asociación Cívica Composcleta manifesta o seu apoio á execución dun carril bici ou ciclovía entre os núcleos urbanos do Milladoiro e Santiago de Compostela, e que está a levar a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas ao abeiro das políticas europeas para promover a mobilidade sostible. Semella que se está desvirtuando este proxecto dende a loita política. Porén, a proposta partiu dunha dunha asociación cívica, cun enfoque medioambiental e social, e que despois foi desenvolta por persoas funcionarias técnicas da Axencia Galega de Infraestruturas.

Continuar lendo